Hoxe en medioambiental fixemos outro experimento que nos sirve para explicar unha propiedade dos líquidos: tensión superficial .
Necesitamos: Auga, pintura azul, bastoncillo, xabón e polvos de talco.
Botamos auga con pintura azul nunha bandexa. E logo polvos de talco e cun bastoncillo mollado en xabón tocamos e observamos como se o xeo rompera!!! Simulamos como se fora xeo e rompémolo....
Resulta moi chamativo para os nenos despertando o seu interés...
Ningún comentario:
Publicar un comentario