venres, 31 de xaneiro de 2025

Actividades semanais!!

 Esta semana celebramos o Día da Paz e pintamos Unha pomba.Xogamos con botes de distintos tamaños e ineraccionamos entre os compis da clase xogando. Boa fin de semana!!





 

Exploración sensorial: Mesa de luz

 Hoxe xogamos con formas, letras e lupas na mesa de luz...

Vemos como cambia a mesa de cor e o contraste que fai coas formas e as letras...




Motricidade fina.

 Hoxe realizamos dúas actividades de motricidade fina: liberar animais atados con gomas ( que nos costou un pouco) e moldear plastilina.




xoves, 30 de xaneiro de 2025

Cumpleaños de Axell!!!🎂

 Axell estuvo de cumple hace unos días y hoy lo celebramos con sus compis en el cole.

Felicidades Axell!!!🎂🎉🎊



Monstruo verde: calma.

 Hoxe vimos a emoción da calma, escoitamos música relaxante e intentamos facer un pouco de relaxación. Despois pintamos o monstruo verde con rodillo.


Tamén tapamos e destapamos botes.



mércores, 29 de xaneiro de 2025

O Boneco de neve⛄⛄

 Hoxe rematamos o boneco de neve...



Monstruo de cores.

 Hoxe fixemos un monstruo de cores "confuso"; vimos o conto e estivemos falando das diferentes emocións. Pintamos con rotus o monstruo de cores e quedounos así de chulo.

Tamén fixemos un experimento de inverno: con agua e polvos de talco facemos "xeo" e utilizando un bastoncillo mollado en xabón vemos como rompe o xeo.




martes, 28 de xaneiro de 2025

Pintamos con pincel...

 Hoxe pintamos caixas de cor branco con pincel...para facer mañá un boneco de neve....



Estimulación sensorial.

 Hoxe como actividade sensorial, pisamos area húmida.

Despois tivemos motricidade grosa: introducimos aros de diferentes tamaños en picas a diferentes alturas (alto/ baixo). 






luns, 27 de xaneiro de 2025

Dinosaurios conxelados.

 Hoxe liberamos dinosaurios conxelados en agua quente;  vemos e tocamos como se vai derretindo o xeo na agua quente, ata que se liberan os dinosaurios.



Tamén xogamos coas botellas sensoriais.



venres, 24 de xaneiro de 2025

A seguimos experimentando!!

 Esta semana usamos bolsas de experimentación neste caso cheas de pintura para traballar a psicomotricidade e  a cor azul. Ademáis xogamos con pelotas de distintas texturas, tamaños e cores. Para semana máis. Boa fin de semana. 




Actividades de inverno ❄️❄️❄️❄️⛄⛄

 Hoxe experimentamos con " neve" , " bloques de xeo"....ademais de mollarnos un pouquiño, pouca cousa...si que nos manchamos un pouco pois tiñamos xeo de cores...

Pero disfrutamos moito que é o que importa...





Para a semana máis...

Bo finde!!!

Exploración: prendas de abrigo.

 Hoxe exploramos e probamos prendas de abrigo: gorros, bufandas, luvas, manoplas...



Tamén fixemos quebracabezas e ollamos contos.



xoves, 23 de xaneiro de 2025

martes, 21 de xaneiro de 2025

Mediambiental:Experimento 10....Arco da vella de lacasitos.

 Hoxe en medioambiental fixemos outro experimento .

Colocamos lacasitos nun prato branco facendo un circulo e logo botámoslle auga e observamos que pasaba...



A medida que se vai extendendo a cor alonxándose dos lacasitos ,  observamos unha clara fronteira entre cada unha das cores, de forma que non se mezclan .




A cor verde.

 Hoxe estivemos buscando pola aula xoguetes de cor verde e con eles preparamos a nosa bandexa do verde. Despois vimos  vocabulario de cousas de cor verde.


Tamén desenterramos cunchas da area.



luns, 20 de xaneiro de 2025

Minimundo: o inverno.

 Hoxe exploramos un minimundo do inverno: neve, bloques de xeo, mar, animais do ártico...



Despois pintamos uns gorros utilizando xeos de cores...que estaban moi fríos!



venres, 17 de xaneiro de 2025

Contos e música 🎹🎷🎺

 Traballamos tamén o conto dos tres porquiños...


Vemos nós contos...


E tocamos instrumentos musicales...


Bo finde!!

Actividades de inverno ❄️⛄❄️⛄

 Esta semana fixemos varias actividades relacionadas co inverno...

Poñemos pegadas como se fora neve nunha paisaxe de inverno...



Pintamos gorro con tapóns de cortiza...



E logo botámoslle cola e pegámoslle algodón...





Seguimos avanzando no curso!!

 Está semana incorporouse á nosa aula un novo neno chamado Ilay. Seguimos facendo cousiñas pero está semana tocou algo de exploración, en concreto con colares. Tamén estamos intentando familiarizarnos con pequeñas cancións....para a semana máis. Boa fin de semana.






Motricidade fina.

Hoxe realizamos diversas actividades de motricidade fina: insertar monedas e depresores por ranuras, introducir pelotas saltarinas por un burato e tirar por cordeis e lazos.








xoves, 16 de xaneiro de 2025

Pintura con textura.

 Hoxe pintamos un boneco de neve utilizando pintura con textura ( espuma de afeitar e cola).







E xogamos coas botellas sensoriais.