luns, 27 de maio de 2024

Profesións: o carpinteiro.

 Hoxe o papá de Hugo veu a clase a falarnos da súa profesión: CARPINTEIRO. Contounos que coa madeira que sacamos das árbores pódese facer prácticamente calquera cousa que imaxinemos: mobles, cociñas, fiestras, portas, bonecos... Tamén aprendemos que as súas ferramentas fundamentais son: serrucho, martelo, puntas, lápiz, metro... E que utilizan máquinas un poco perigosas para realizar o seu traballo. Foi unha sesión moi divertida, interesante e diferente. Mil gracias a Santi por participar con nós nesta actividade tan enriquecedora para ós nenos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario