luns, 16 de novembro de 2020

Exploración con vasos.

 Hoxe exploramos e fixemos torres con vasos. Despois utilizámolos para facer círculos.



venres, 13 de novembro de 2020

Plastilina: reforzamos motricidade fina

 Ola familias!

Hoxe traballamos a motricidade fina manipulando plastilina. Ademais de ser unha actividade creativa e divertida é unha interesante experiencia sensorial. Apretamos, amasamos, enrollamos, estiramos.....o que nos axuda a fortalecer os músculos dos dedos....




Que teñades unha boa fin de semana!!

Semana dos sorrisos

 Coma sempre, déixovos a ventaniña da semana. Espero que a disfrutedes!!!!









xoves, 12 de novembro de 2020

Experimentamos con caixas e botes

Hoxe estivemos manipulando botes e caixas. Sirveunos para traballar varios conceptos:

Aberto/ pechado

Duro/ Brando

Dentro /fora

Grande/pequeno








E pegamos cachiños de papeis...





Ata mañá...


Emocións.

 Hoxe traballamos as emocións co "monstruo de colores". A alegría que a representamos coa cor amarela e a tristeza representada coa cor azul. 

Identificamos caras alegres e tristes e puxémolas dentro do tarro correspondente.

Despois xogamos cos aros e traballamos a noción dentro/fóra.





mércores, 11 de novembro de 2020