luns, 29 de maio de 2017

venres, 26 de maio de 2017

Aniversario de Iker e Manu.

Hoxe celebramos o aniversario de Manu e Iker. Moitas felicidades por eses dous aniños!!

Crisálida.

Os gusanos neste festivo traballaron un montón!!! Xa apareceron as primeiras crisálidas!!!

mércores, 24 de maio de 2017

Experimentamos con area.

Hoxe experimentamos con area: tocámola, tirámola fora do caixón, despois volvemos a métela, etc...e vimos gusanos de seda...como teñen que comer moito para despois convertirse en bolboretas.

Olores, pintamos con pincel..

Traballamos a motricidade fina xogando con plastilina, pintando con pincel: unha Lúa e un sol, un rolo de papel hixiénico e tamén ulimos bolsiñas de infusión varias...despois metémolas en auga e....sorpresa!!! A auga deixou de ser transparente para volverse: amarela, vermella, etc...

Horta.

Hoxe fomos a horta a regar e a recoller guisantes, e despois botámosllos a crema de verduras que fixo Mila hoxe para comer!!! Estaba deliciosa!!!!👍👍👍. Despois xogamos un pouco no parque!!!

luns, 22 de maio de 2017