mércores, 14 de xaneiro de 2026

Facemos boneco de neve

 Onte pintamos boneco de neve e logo pegámoslle (con moita axuda de Bego e Olaia) cordón branco enriba..




E tamén traballamos as texturas...exploramos  un panel sensorial..




martes, 13 de xaneiro de 2026

Boneco de neve sensorial.⛄

 Hoxe exploramos e xogamos cun boneco de neve sensorial: fariña+ legumes+ arroz+ pás + culleres.







Aniversario de Sheila 🎂!!!

 Hoxe Sheila cumple 3 aniños!!! Parabéns Sheila!!!👏👏👏🎊🎉🎊🎉



luns, 12 de xaneiro de 2026

Copo de neve ❄️

 Hoxe decoramos un copo de neve con pedras de cores ( colocamos as pedras seguindo o debuxo).








venres, 9 de xaneiro de 2026

Enfiar colares.

 Hoxe traballamos a motricidade fina; primeiro enfiamos colares e despois tapamos/destapamos, enroscamos/desenroscamos.






O inverno

 Bos días

Onte comezamos coas actividades do segundo trimestre...

Empezamos traballando o inverno: cantamos a canción do inverno e pegamos algodón ...




xoves, 8 de xaneiro de 2026

Reis Magos.

 Hoxe voltamos a nosa aula e descubrimos que os Reis Magos se acordaron de nós e nos deixaron un regalo!!! 

Era un súper potato moi grande con potatos pequerrechos dentro. Encantounos!!!