Hoxe seguimos coa postal de Nadal...poñemos pegadas na árbore simulando luces de Nadal..
martes, 9 de decembro de 2025
Nadal🎄
Hoxe decoramos unhas bolas de Nadal con papel celofán.
Tamén exploramos adornos navideños: bolas, piñas, estrelas, lazos, cadenas...
venres, 5 de decembro de 2025
Instrumentos musicais.
Hoxe escoitamos o sonido dos instrumentos musicais e despois estivemos tocando os instrumentos.
Tamén fixemos quebracabezas.
xoves, 4 de decembro de 2025
Exploración: tubos de cartón+ bolas de Nadal.
Hoxe exploramos tubos de cartón e bolas de Nadal, intentamos poñer en equilibrio as bolas enriba dos tubos.
Tamén pintamos un gorro de Papá Noel con esponxas.
mércores, 3 de decembro de 2025
Actividades de Nadal.
Hoxe montamos a árbore de Nadal, e cada nen@ colocou a súa estreliña. Tamén decoramos a árbore de cartón que utilizamos o outro día na aula para facer outra actividade; primeiro pegamos as follas de tuia e despois fixemos boliñas de papel e pegámolas dentro das tapas.
martes, 2 de decembro de 2025
Postal de Nadal.
Hoxe realizamos unha postal de Nadal, pegámoslle adornos de goma eva.
Tamén xogamos a enroscar e desenroscar.
luns, 1 de decembro de 2025
Árbore de Nadal.
Hoxe decoramos unha árbore de Nadal con follas de tuia, piñas e pompóns.
Despois en psicomotricidade xogamos con pelotas e con aros.



















