Comezamos cos retos que nos propón o proxecto educativo. O primero consiste en coller obxectos con pinzas: carolas, castañas pompóns... e colocalas en oveiras.
Hoxe fixémolo con carolas e resultoulles bastante doado. Mañá farémolo con pompóns...

Hoxe empezamos coas tareas na aula... Pintamos unha folla cos dedos...pero houbo a quen non lle gustou "manchar" as mans..., pouco a pouco...
Hoxe decoramos uns paraugas para a fiestra da aula. Pegamos papeliños de cores dentro do paraugas.
Despois estivemos traballando coas pinzas, practicando as accións de apretar e soltar.
Hoxe fixemos un porco espiño con escarvadentes; clavamos escarvadentes en porixpan para facer as púas do porquiño.
Hoxe xa comezamos a falar do outono, que está a piques de entrar... Vimos elementos do outono, cantamos cancións desta estación e tamén pintamos follas coas cores do outono, para decorar a árbore da aula. Despois ollamos contos.