martes, 26 de setembro de 2017

Xogo heurístico.

Na xornada de hoxe estivemos explorando follas secas. Desta maneira traballamos as texturas , concepto grande/pequeno, e as cores. Despois pegamos anacos de follas nunha ficha.

luns, 25 de setembro de 2017

Benvidos a un novo curso!!

Estas semanas xa estivemos a realizar distintas actividades: fixemos puzzles, pintamos con ceras, coas mans, etc..

Mural de outono.

Hoxe fixemos un mural sobre as cores do outono. Para eso realizamos diversas técnicas: pintamos cos dedos, coas mans, con pincel e con tubos de cartón;  tamén pegamos follas. O resultado foi este:

mércores, 20 de setembro de 2017

martes, 19 de setembro de 2017

Exploramos piñas.

Hoxe exploramos piñas, traballamos as texturas e conceptos como grande / pequeno.

Pintamos a mascota de clase!

Hoxe pintamos cos dedos os patiños da nosa clase. A algúns gustoulles un montón, mentres a outros non lle gustou nada manchar as mans!!!

xoves, 14 de setembro de 2017

Xogo heurístico.

Comenzamos o curso e tamén a realizar alguna actividade de exploración e manipulación. Neste caso estivemos xogando con tapas e tapóns. Encantounos!!!!