venres, 23 de outubro de 2015

Aniversario de Mateo

Mateo troixonos un peixino para comer!!! 
Moi detallista e moi ben decorado. 
Gracias, estaba rico, rico, delicioso!!!

mércores, 21 de outubro de 2015

venres, 16 de outubro de 2015

Educación vial

Todos nós para acudir ao colexio facemos uso das estradas en todas as súas variedades. Na maioría dos casos utilizamos o coche para desprazarnos, pero tamén vimos a pé ou en autobús (en autobús escolar eu diría que ninguén ajaja). Tanto uns como outros, a marxe do medio de transporte que utilicemos, debemos respectar as normas de circulación para deste xeito fomentar unha boa convivencia nas estradas e evitar posibles accidentes e lesións.
A educación vial forma parte dese conxunto especial de contidos nos que é preciso incidir de forma transversal ao longo da etapa educativa. Por ese motivo, puxemos en marcha un circuíto no colexio. O obxectivo principal é unha primeira toma de contacto coas normas de circulación. Algúns símbolos que incluímos son os pasos de peóns, stop, semáforo e as frechas que indican o sentido da circulación.







Os nenos mostráronse entusiasmados ante esta proposta, ¿e quen non o estaría? Utilizamos os coches e disfrazámonos para caracterizar as diferentes personaxes. ¿Soa ben non?, pois sí, desfrutamos moito de esta experiencia, ata incluímos a un peregrino camiño de Santiago!!!.
Todo saíu a pedir de boca, bueno todo todo non, descubrimos que as rotondas non son tan fáciles como aparentan. Esperemos non levar unha sorpresa e atoparnos con algunha multa por non seguir as indicación como debéramos. Seguiremos practicando!!

Aniversario de Marco

Imos de celebración en celebración. Hoxe festexamos o aniversario de Marco que cumpleu 2 aniños, xa é maior!!! Esperamos que o pasara ben nesta pequena festa que fixemos no cole. 

¡¡¡Moitos parabéns e a seguir soprando velas!!!

mércores, 14 de outubro de 2015

Aniversario de Martin

Celebramos o cumpreanos de Martín cos seus compis de aula.

Experimentamos con castañas

Hoxe toca traballar con castañas, un dos froitos do outono. Trataremos de explicar conceptos como: dentro, fora, duro, brando...

venres, 9 de outubro de 2015

Saída outonal


Moitos falan de que entrou o outono (e é ben certo, que xa se nota), pero no cole temos que investigar e experimentar en primeira persoa que quere decir eso de que estamos no outono. Deste xeito, decidimos saír da aula e observar que acontence ahí fóra. Esta pequena excursión para nós xa é todo unha novidade, a nosa primeira saída!!!



 

Unha vez no terreo, tócanos observar as árbores, escoitar o son dos nosos pés sobre as follas secas, a caída das follas, o vento, as cores.... Tras isto, e tendo como ferramentas a nosas propias mans dispoñemos a recolectar todo aquilo co que nos agasalla o outono (follas, landras, ramiñas...). Este sí que é un traballo que nos encanta. O final a caixa xa se nos quedou pequena (para a próxima estación teremos que adquirir outra máis grande, ajajaj). 





En fin, que foi toda unha experiencia. Ahora temos facer reconto das cousas que atopamos, pero eso queda pendente para o próximo día.