venres, 5 de decembro de 2025

Instrumentos musicais.

 Hoxe escoitamos o sonido dos instrumentos musicais e despois estivemos tocando os instrumentos. 




Tamén fixemos quebracabezas.






xoves, 4 de decembro de 2025

Exploración: tubos de cartón+ bolas de Nadal.

 Hoxe exploramos tubos de cartón e bolas de Nadal, intentamos poñer en equilibrio as bolas enriba dos tubos.

Tamén pintamos un gorro de Papá Noel con esponxas.


mércores, 3 de decembro de 2025

Actividades de Nadal.

 Hoxe montamos a árbore de Nadal, e cada nen@ colocou a súa estreliña. Tamén decoramos a árbore de cartón que utilizamos o outro día na aula para facer outra actividade; primeiro pegamos as follas de tuia e despois fixemos boliñas de papel e pegámolas dentro das tapas.






martes, 2 de decembro de 2025

Postal de Nadal.

 Hoxe realizamos unha postal de Nadal, pegámoslle adornos de goma eva.

Tamén xogamos a enroscar e desenroscar.





luns, 1 de decembro de 2025

Árbore de Nadal.

 Hoxe decoramos unha árbore de Nadal con follas de tuia, piñas e pompóns.



Despois en psicomotricidade xogamos con pelotas e con aros.