Hoxe tivemos un primeiro contacto coa mesa de luz.. cambiaba de cor: cousa que nos
chamou a atención... Aproveitamos para traballar formas xeométricas..
Hoxe tivemos un primeiro contacto coa mesa de luz.. cambiaba de cor: cousa que nos
chamou a atención... Aproveitamos para traballar formas xeométricas..
Hoxe intentamos facer colares, costoulles un pouquiño pero intentámolo. Seguiremos practicando.
Tamén xogamos coa mesa de luz.
Hoxe xogamos a sacar cousas dunha caixa e intentar adiviñar de que elemento do outono se trataba: piñas, noces ou castañas.
Tamén xogamos a apilar vasos.
Finalmente xogamos coas letras e as formas xeométricas.
Hoxe estivemos falando da reciclaxe. Falamos dos diferentes tipos de residuos que se poden reutilizar para facer cousas novas. Hoxe vimos o contenedor azul e aprendemos que neste contenedor podese tirar o papel e o cartón...
Pintamos un contenedor de azul utilizando o rodillo e despois pegamos papeis e cartóns.
Despois tivemos estimulación sensorial con legumes: utilizamos a culler; encher e baleirar; trasvases...
Hoxe practicamos varias actividades de motricidade fina para superar o reto 2 : desenmarañar.
Tamén deixamos rastros con pelotas e decoramos unha castaña con papeis.
Hoxe traballamos a motricidade fina. Primeiro asociamos pompóns pola súa cor utilizando a pinza e os dedos. Despois insertamos por ranuras.
Hoxe traballamos o círculo: buscamos cousas que teñen forma de círculo, xogamos con círculos e pintamos círculos.
En psicomotricidade xogamos cuns "cubos" feitos con aros: entrar, saír, apilar, levantar...