xoves, 31 de outubro de 2024

Continuación Experimento 2: Ovo en vinagre...

 Hoxe abrimos o bote onde estaba o ovo e .....resulta que o noso ovo se convertiu nun ovo saltarín....





E como non, despois de tanto "botar" rompeu...

Festa de Samaín!👻☠️🎃

 Hoxe celebramos a festa de Samaín!!! Disfraces, pintacaras e moita música "terrorífica"!!!🎃👻☠️🎶🎶🎶🎶

Pasámolo xenial, foi unha xornada diferente e divertida para os nen@s👻🎃☠️

Queremos aproveitar para darvos as gracias pola vosa colaboración!!!

Sen máis, desexarvos unha boa fin de semana...

Boo, Boo, Boo!!!! 👻👻👻

Bo Samaín para todos!!!








Actividades varias...

 Onte nos disfrazamos....


E deixamos rastros coas pelotas...




mércores, 30 de outubro de 2024

Expresión plástica.

 Hoxe traballamos a expresión plástica: pintamos cabazas co pincel. 


Tamén apilamos vasos, facemos torres....e despois pintamos círculos cos vasos.




martes, 29 de outubro de 2024

Torres con vasos

 Hoxe tamén fixemos torres con vasos ..


E traballamos os conceptos igual / diferente coa ficha dos vasos...


Experimento 2: Un ovo en vinagre...

 Hoxe seguimos co experimento 2 en Medioambiental: Metemos un ovo en vinagre ...


e temos que deixalo ahí dous días...o xoves abriremos a tapa e a ver que pasou...

Continuará........


Círculos.

 Hoxe fixemos círculos con tubos de cartón.  


E tamén exploramos bolsas sensoriais, nesta ocasión as bolsas tiñan espuma de afeitar e algodón, ó tacto tiña unha textura suave.




luns, 28 de outubro de 2024

Facemos banderines monstruosos!!

 Hoxe rematamos os banderines monstruosos ...





Hoxe colgamos un na entrada , mañá colocamos o outro...



Arte: Picasso.

 Hoxe vimos unha obra de Picasso: Cabeza de mujer con sombrero. Observamos, buscamos os ollos, a nariz e a boca na imaxe e despois facemos o noso propio cadro, pegándolle uns ollos.


Tamén pintamos uns esqueletos utilizando unha plantilla:




venres, 25 de outubro de 2024

Enfiamos colares, xogos con pelotas e bailamos .

 Hoxe tratamos de facer un xogos con pelotas, pouco a pouco....


Enfiamos colares...


E tamén bailamos...


Bo finde!!!


Explorar pompóns.

 Hoxe traballamos a pinza explorando pompóns. Ollamos contos e tocamos instrumentos musicais de percusión.





xoves, 24 de outubro de 2024

O esqueleto Lupo

 Estes días estivemos facendo un esqueleto...

Pintamos rolos de papel hixiénico de cor branca..



E logo montamos o esqueleto ..




Así nós quedou...




Arañas de Samaín.

 Hoxe decoramos unhas arañas con arroz de cores, que utilizaremos para decorar a entrada do cole.










mércores, 23 de outubro de 2024

Introducir aneis.

 Hoxe introducimos aneis pequenos por un pauciño.










E tamén exploramos cabazas pequerrechas