venres, 28 de xuño de 2024

Despedida de Eric.

 Hoxe é o último día de Eric no cole e despedímolo cunha gran aperta de grupo!

Moita sorte Eric!!! Unha aperta xigante!!!😘😘😘



luns, 24 de xuño de 2024

venres, 21 de xuño de 2024

Remate de curso!!

 Está semana rematamos cas actividades de clase. A partir de agora tenemos xogo libre, música, contos.... Aproveito para desexarvos unhas felices vacacións e desexaerlle ós nenos  un próimo curso no que aprendan moitas cousas e sexan moi felices. Un saúdo. Foi un placer traballar con este grupo de nenos. Boa fin de semana!!






Despedida.

Hoxe é o último día de Tiago no cole e despedímolo cunha forte aperta de grupo. Moita sorte Tiago!!!😘😘😘



Aniversario de Antón🎂

 Hoxe Antón cumple 3 aniños. Parabéns Antón!!!🎂👏👏👏👏



luns, 17 de xuño de 2024

Pintamos xeados

 Hoxe damos por rematadas as actividades deste curso pintando e poñendo telas de tul nuns xeados...







venres, 14 de xuño de 2024

Actividades semanais!!

 Está semana continuamos facendo alguna cousiña fora das actividades do proxecto.  Experimentamos cun obxecto q nos resultou moi divertida como foi o punzón.  Pintamos con rotulador un xeado. Iniciámonos Nas formas xeométricas: cuadrado, triángulo... Repasamos conceptos como grande-pequeno. Xogamos cos instrumentos musicais.Para a semana máis. Boa fin de semana.






Experimento.

Hoxe Miriam trouxonos outro experimento con auga e aceite. Botamos nuns botes auga con colorante, aceite e purpurina. Coma o aceite ten menor densidade que a auga, quédase arriba e non se mezcla coa auga. Se batemos forte, mézclase todo e imos observando como pouco a pouco se volven a separar. 

Foi moi interesante!!!



Mural de verán.

 Estes días estivemos preparando o mural dos animais do mar. Cada neno pintou/decorou un animal utilizando unha técnica diferente: pintamos con esponxas, cos dedos, con corchos, con bastoncillos e tamén pegaron boliñas de papel e confeti.

Hoxe pintaron o fondo do mar con rodillos e as burbullas con tubos de cartón. 

Pegamos todo e así quedou...









Xogamos con globos...

Unha das actividades de hoxe foi xogar con globos...

Repasamos o concepto: arriba/ abaixo.




Pintamos peixes

 Estivemos traballando os animais do mar e pintamos uns peixes...



Hoxe levarémolos para a casa..


mércores, 12 de xuño de 2024

Psicomotricidade: globos.

 Hoxe en psico xogamos con globos, tirámolos para arriba e non podían caer no chan...








martes, 11 de xuño de 2024

Motricidade fina

 Hoxe collemos pompóns con pinzas , metemos pedras de cores nuns botes e traballamos con puzzles de enfiar...

Asi repasamos moitos conceptos: dentro/ fora. Moitos / poucos...



Cores e gomets

 Onte repasamos as cores: amarela, vermella, verde e azul. Logo pintamos e pegamos gomets...




mércores, 5 de xuño de 2024

Expresión plástica.

 Hoxe pintamos coas mans, nun mural, uns elementos de primavera. Escolleron o debuxo e as cores coas que querían pintar. E o resultado foi éste...










martes, 4 de xuño de 2024

Mosaico con pedras

 Hoxe fixemos un mosaico con pedras: 

seguimos un debuxo e imos colocando as pedras no debuxo ...



Motricidade fina.

 Seguimos reforzando a motricidade fina tratando de abrir botes,  xogando cos obxectos de peluquería, relacionando fotos de froitas coas froitas de xoguete...




Aniversario de Noa!🎂

 O sábado Noa cumpleu 3 aniños!!! Parabéns Noa!!!



luns, 3 de xuño de 2024

Motricidade fina.

 Hoxe fixemos varias actividades para traballar a motricidade fina. Primeiro sacamos pompóns dun batedor ( facemos a pinza).


E despois picamos co punzón, seguindo un debuxo.