Hoxe traballamos a motricidade fina, picamos co punzón nun círculo.
venres, 31 de marzo de 2017
xoves, 30 de marzo de 2017
Primavera!!
Esta semana estivemos experimentando con pedras e cunchas, tamén pintamos cas mans e resgamos papeis. Pasámolo en grande!!
martes, 28 de marzo de 2017
Medioambiental.
Nestas semanas, en clase de medioambiental estivemos vendo as consecuencias que ten a contaminación para o noso planeta; se contaminamos o planeta ponse enfermo. Sen embargo, se o coidamos entre todos, estará sano.
venres, 24 de marzo de 2017
Aniversario de Iraila
Ainda que con retraso, hoxe celebramos o aniversario de Iraila. Xa ten dous aniños, felicidades guapa!!
A primavera
Estes días estivemos realizando actividades relacionadas coa primavera: adornamos a aula, pintamos bolboretas e fixemos un mural!!
xoves, 23 de marzo de 2017
Mural de primavera.
Para celebrar a chegada da primavera, elaboramos un fermoso mural cos tapóns e tapas que os papás e mamás nos trouxestes. Moitas gracias a todos por colaborar. Con esta actividade facemos fincapè no tema da reciclaxe e na reutilización de materiais, ademáis de traballar as cores.
Pasárono xenial con esta actividade!
sábado, 11 de marzo de 2017
Experimentación con agua.
Este xoves experimentamos con auga para ver a diferencia entre seco e mollado. Mollámonos un pouquiño, pero foi divertido!!!