luns, 25 de abril de 2016

xoves, 21 de abril de 2016

mércores, 20 de abril de 2016

Psicomotricidade.

Seguimos traballando a motricidade grosa. Nesta ocasión fixemos unha fila e fomos reptando polo chan e pasando por debaixo das pernas de todos. Pasamolo xenial!

martes, 19 de abril de 2016

Acividades de exploración

Nestes días fixemos diversas actividades tales como: tocar patacas  crúas e cocidas, pintamos macarróns co pincel, vimos contos,  exploramos flores e arrincámoslle os pétalos para facer un mantel e tamén pintamos os pés para deixar a nosa pegada no.....

venres, 8 de abril de 2016

Actividades de exploración.

Nestes días estivemos manipulando distintos materiais. Exploramos legumes, traballando así conceptos como duro-blando; exploramos froitas de diferentes cores, probámolas e usámolas para pintar. E tamén pintamos con zumo de limón e descubrimos que para poder ver o debuxo, temos que acercarlle unha vela encendida para que pouco a pouco vaian aparecendo as nosas pinceladas como por arte de maxia.

Aniversario de Leticia e Brais!!

Os nosos peques xa se fan maiores. Dentro duns mesiños xa no cole de maiores!!Parabèns pitidos!!

xoves, 7 de abril de 2016

Experimentamos con macarróns e ovo!!

Hoxe experimentamos con macarróns e ovo. Vimos que os ovos tiñan a casca  dura e por dentro eran brandiños. A pasta crúa  era dura e cocida brandiños e facía formas. Maís ben o queríamos comer todo, todo, todiño!!!

mércores, 6 de abril de 2016

Os bebès ó completo!!!

Hoxe por fin tivemos a clase de bebés, cheíña por completo. Sempre había algún maliño e xa sandaron todos. Alegrámonos   moito pequechos!! Imos achucharvos todo o día!!

A primavera

Esta semana fixemos o mural de primavera onde vimos distintas cores, pintamos con pincel e con esponxas e pegámoslle as bolboretas feitas co papel de agasallo..Tamén experimentamos con legumes: fabas, lentellas, garavanzos...traballando conceptos tales como: duro- brando, moitos- pouco, dentro- fora, etc..