martes, 16 de decembro de 2025

O rei Mago

 Hoxe pintamos a capa do Rei Mago e pegámoslle un gomets de agasallo.




Manualidade de Nadal

 Poñemos  purpurina nunha árbore e pegámoslle pompóns ....




Árbore de Nadal🎄

 Hoxe pintamos unha árbore de Nadal feita con tubos de papel hixiénico, e mañá rematarémolo.

Tamén ollamos catálogos de xoguetes.




Carta ós Reis Magos.

Onte escollemos, entre un montón de recortes de revista, os xoguetes que máis nos gustaron para enviarlle a carta ós Reis Magos. 

Tamén xogamos a insertar e introducir diferentes obxetos: moedas, palillos, depresores, pelotas...





venres, 12 de decembro de 2025

Area cinética.

 Hoxe exploramos e xogamos coa area cinética e moldes de medios de transporte e  animais do mar.








xoves, 11 de decembro de 2025

Galleta de xenxibre.

 Hoxe decoramos unha galleta de xenxibre con pompóns, pedras e macarróns. Xogamos coas pinzas e as pás, fixemos trasvases...

Tamén pintamos e decoramos unhas boliñas de Nadal.




martes, 9 de decembro de 2025

Nadal🎄🎄🎄

 Hoxe seguimos coa postal de Nadal...poñemos pegadas na  árbore simulando luces de Nadal..




Nadal🎄

 Hoxe decoramos unhas bolas de Nadal con papel celofán.

Tamén exploramos adornos navideños: bolas, piñas, estrelas, lazos, cadenas...




venres, 5 de decembro de 2025

Instrumentos musicais.

 Hoxe escoitamos o sonido dos instrumentos musicais e despois estivemos tocando os instrumentos. 




Tamén fixemos quebracabezas.






xoves, 4 de decembro de 2025

Exploración: tubos de cartón+ bolas de Nadal.

 Hoxe exploramos tubos de cartón e bolas de Nadal, intentamos poñer en equilibrio as bolas enriba dos tubos.

Tamén pintamos un gorro de Papá Noel con esponxas.


mércores, 3 de decembro de 2025

Actividades de Nadal.

 Hoxe montamos a árbore de Nadal, e cada nen@ colocou a súa estreliña. Tamén decoramos a árbore de cartón que utilizamos o outro día na aula para facer outra actividade; primeiro pegamos as follas de tuia e despois fixemos boliñas de papel e pegámolas dentro das tapas.






martes, 2 de decembro de 2025

Postal de Nadal.

 Hoxe realizamos unha postal de Nadal, pegámoslle adornos de goma eva.

Tamén xogamos a enroscar e desenroscar.





luns, 1 de decembro de 2025

Árbore de Nadal.

 Hoxe decoramos unha árbore de Nadal con follas de tuia, piñas e pompóns.



Despois en psicomotricidade xogamos con pelotas e con aros.






venres, 28 de novembro de 2025

Actividades semanais!!

 Esta semana empezamos a facer cousiñas relacionadas co Nadal!! Sorpresa!! Boa fin de semana!!





Estrelas.

 Hoxe decoramos unhas estreliñas para a nosa árbore de Nadal con purpurina.

Despois xogamos coa plastilina.






xoves, 27 de novembro de 2025

Expresión plástica.

 Hoxe pintamos un mural con relieve feito con cartóns reciclados. Utilizamos pinceles e rodillos. Encantounos! Algún leva pintura ata no pelo!!! 

Seguiremos pintando e decorando o mural noutras sesións.



Tamén exploramos teas de diferentes texturas.



mércores, 26 de novembro de 2025

Exploración sensorial con confetti

 Hoxe exploramos confetti : tocámolo, tirámolo ao chan, etc...


Gustounos moita esta actividade...

Árbores de Nadal.

 Hoxe decoramos unhas árbores pequerrechas con adornos navideños: bolas, estrelas, piñas, cintas... E puxémolas na entrada do cole. Quedaron preciosas!!!😍







Tamén decoramos o reno que utilizamos onte con arroz de cores.