Hoxe pintamos a capa do Rei Mago e pegámoslle un gomets de agasallo.
martes, 16 de decembro de 2025
Árbore de Nadal🎄
Hoxe pintamos unha árbore de Nadal feita con tubos de papel hixiénico, e mañá rematarémolo.
Tamén ollamos catálogos de xoguetes.
Carta ós Reis Magos.
Onte escollemos, entre un montón de recortes de revista, os xoguetes que máis nos gustaron para enviarlle a carta ós Reis Magos.
Tamén xogamos a insertar e introducir diferentes obxetos: moedas, palillos, depresores, pelotas...
venres, 12 de decembro de 2025
xoves, 11 de decembro de 2025
Galleta de xenxibre.
Hoxe decoramos unha galleta de xenxibre con pompóns, pedras e macarróns. Xogamos coas pinzas e as pás, fixemos trasvases...
Tamén pintamos e decoramos unhas boliñas de Nadal.
martes, 9 de decembro de 2025
Nadal🎄
Hoxe decoramos unhas bolas de Nadal con papel celofán.
Tamén exploramos adornos navideños: bolas, piñas, estrelas, lazos, cadenas...
venres, 5 de decembro de 2025
Instrumentos musicais.
Hoxe escoitamos o sonido dos instrumentos musicais e despois estivemos tocando os instrumentos.
Tamén fixemos quebracabezas.
xoves, 4 de decembro de 2025
Exploración: tubos de cartón+ bolas de Nadal.
Hoxe exploramos tubos de cartón e bolas de Nadal, intentamos poñer en equilibrio as bolas enriba dos tubos.
Tamén pintamos un gorro de Papá Noel con esponxas.
mércores, 3 de decembro de 2025
Actividades de Nadal.
Hoxe montamos a árbore de Nadal, e cada nen@ colocou a súa estreliña. Tamén decoramos a árbore de cartón que utilizamos o outro día na aula para facer outra actividade; primeiro pegamos as follas de tuia e despois fixemos boliñas de papel e pegámolas dentro das tapas.
martes, 2 de decembro de 2025
Postal de Nadal.
Hoxe realizamos unha postal de Nadal, pegámoslle adornos de goma eva.
Tamén xogamos a enroscar e desenroscar.
luns, 1 de decembro de 2025
Árbore de Nadal.
Hoxe decoramos unha árbore de Nadal con follas de tuia, piñas e pompóns.
Despois en psicomotricidade xogamos con pelotas e con aros.
venres, 28 de novembro de 2025
Estrelas.
Hoxe decoramos unhas estreliñas para a nosa árbore de Nadal con purpurina.
Despois xogamos coa plastilina.
xoves, 27 de novembro de 2025
Expresión plástica.
Hoxe pintamos un mural con relieve feito con cartóns reciclados. Utilizamos pinceles e rodillos. Encantounos! Algún leva pintura ata no pelo!!!
Seguiremos pintando e decorando o mural noutras sesións.
Tamén exploramos teas de diferentes texturas.
mércores, 26 de novembro de 2025
Árbores de Nadal.
Hoxe decoramos unhas árbores pequerrechas con adornos navideños: bolas, estrelas, piñas, cintas... E puxémolas na entrada do cole. Quedaron preciosas!!!😍

















































