martes, 31 de marzo de 2020

Aula montse

Ola papis e mamis. Espero que esteades todos ben. Botámosvos moito de menos pero agora o que toca é quedarnos na casa para que poidamos volver a vernos moi pronto. Aproveitade estes días para disfrutar moito dos peques e xogar moito con eles cousa que habitualmente non temos moito tempo. Pero non vos olvidedes que hai q seguir traballando con eles e non perder os hábitos adquiridos durante este tempo e a poder ser traballar a través do xogo aspectos como a sicomotricidade esí á volta seguir traballando e evolucionando. Espero q nos vexamos pronto. Bicos.🤗😗

Aplicación gratuita do Proxecto Escondites

Boas familias!!

Igual sería bo, para non perder  moito o fío das tarefas que realizamos na aula,  que descarguedes a aplicación gratuita do noso proxecto. Deste xeito repasarán cousas que xa traballamos..
É moi sinxelo...Entrades en "Play Store" e poñedes "Escondites Editorial Casals"

App de Escondites.

Esta contén: xogos interactivos, video-contos populares, bits en castelán/inglés...tanto para os de 1 ano coma os de 2.

Aquí vos deixo a canción da nosa mascota....


Os animais.

Bos días a tod@s!
Hoxe querovos propoñer unha actividade sobre os animais. Trataríase de facer un mural con tres fondos diferentes: a selva, a granxa e o mar.
A actividade consiste en:

1° Facer unha búsqueda de imaxes de animais en revistas ou por internet e recortalas.
2° Colocar cada animal no fondo que corresponda.

Ex. A xirafa na selva. O cabalo na granxa. O peixe no mar.

Poñovos a continuación un enlace sobre o tema.


https://youtu.be/X1sQg4nxEe8

Saúdos!!!





luns, 30 de marzo de 2020

A Pascua

Boas a todos!

Xa falta pouquiño  para a Pascua así que vos deixo uns debuxos de ovos para que os peques poidan colorear...e ..depaso repasamos as cores: amarelo, vermello, verde, azul, laranxa, etc..








Chegou a primavera!

Xa chegou  a primavera, pero de momento a penas podemos disfrutar dela....
A miña proposta consiste en salir o xardín, os que teñades a facer unha recollida das diferentes flores que hai no voso xardín.
Uha vez recollidas poñemolas nunha mesa e observamolas, tocámolas, ulimolas....
Cales nos gustan máis?
De que color son?
Agrupamolas en grandes e pequenas.
Agrupamolas por cores.

Para os que non teñen xardín, facemos unha búsqueda por internet sobre os tipos de flores. Podemos imprimir algunhas e decoralas empregando difentes técnicas:
1. Pintamos coas mans.
2. Pintamos con ceras.
3. Pegamos papeliños.
4. Estampamos con corchos ou esponxas.
5. Etc...

youtube.com/watch?vs=uezJQyC5J7Q








domingo, 29 de marzo de 2020

Conto "O polo Pepe"

Boas a todos:
Aqui vos deixo a canción do" Polo Pepe" para que os peques recorden e non se olviden  do conto que tanto lles gusta!!!

venres, 27 de marzo de 2020

Na distancia..seguimos estando aqui...

Queridas familias e alumn@s!
Queremos transmitirvos que seguimos sendo esa gran familia que se  bota en falta.
Se precisan ánimos e a forza de tod@s para vencer esta situación tan excepcional que estamos a vivir.
Nunca debemos perder a ilusión...e ainda " quedando na casa" ...os nosos pequech@s..poden seguir facendo cousas ....
Unha delas, por exemplo pode ser este " cua cua" qué elaboramos mentres escoitamos este conto.....



Medioambiental!

Boas familias!
Tendo en conta que esto vai para largo....e como algúns de vos solicitastedes tarefas para non perder o rítmo, decirvos que intenterei poñer algunhas tarefas que podedes realizar na casa cos nenos ou enlaces que me resulten interesantes para traballar  de maneira lúdica dende a casa.
A miña primeira proposta sería de medioambiental. En concreto, eu nestes días estiven buscando formas de darlle unha segunda vida as bolsas de plástico. ocurreuseme facer un vestido con bolsas. A modo de exemplo, mandovos a foto e anímovos a que elaboredes algunha cousa feita con bolsas. Botade a voar a imaxinación e sorprendédenos!
Cando volvamos faremos unha exposición  con todas as vosas ideas e elaboracións na entrada do cole.
ÁNIMO FAMILIAS!


xoves, 12 de marzo de 2020

Experimentamos con tapóns

Hoxe exploramos o círculo xogando cos tapóns








Prantamos leitugas!

Hoxe saímos a horta a prantar leitugas!






mércores, 11 de marzo de 2020

Estamos de estreo!!!

Estreamos a pizarra dixital!!! Estamos alucinados!!!!👏👏👏👏👏



martes, 10 de marzo de 2020

Medioambiental!

Levamos un par de semanas preparando un espantapáxaros para poñer na nosa horta, feito con botellas e tapóns. E hoxe saímos a colócalo!!! Que vos parece????
















mércores, 4 de marzo de 2020

Prantamos legumes

Hoxe puxemos algodón nuns botes e botamos dentro: fabas, garavanzos e lentellas. Despois regamos e agora a esperar a ver qué pasa...xa vos ensinaremos..








Prantas aromáticas

Onte experimentamos con  distintas prantas aromáticas: romero, ruda, lavanda, fiuncho, loureiro, ourego, tomillo, menta, melisa, xeranio de olor, etc...que tocamos, ulimos...