luns, 29 de abril de 2019

Pintamos con cubitos de xeo de cores e tamén con pincel!

A semana pasada pintamos con pincel e con cubitos de xeo de cores...que frío estaba o xeo!

venres, 26 de abril de 2019

Aniversario de Leire

Hoxe celebramos o cumple de Leire. Parabéns pequecha xa tes 2 aniños!!!

Exploración con auga!

Hoxe estivemos explorando con auga e xabon! Lavamos xoguetes, apretamos esponxas... Desta forma traballamos conceptos como limpo-sucio e seco-mollado.

martes, 23 de abril de 2019

Experimentamos con auga e xabón.

Hoxe lavamos bonecos con auga e xabón,tamén tocamos esponxas...

martes, 16 de abril de 2019

Actividades varias

A semana pasada traballamos a cor azul, tocamos instrumentos musicais e ata nos dou tempo de xogar un pouco no patio. A verdade é que as mañas dan para moito!!!!

xoves, 11 de abril de 2019

Expresión artística!

Hoxe fixemos unha actividade de expresión artística moi chula.Pintamos con spray, con xiringas e para rematar pintamos coas mans!!! Pasámolo pipa!!!