venres, 22 de decembro de 2017

Festa de Nadal

Hoxe tivemos no cole a Festa de Nadal!! Degustamos distintos postres típicos destas datas acompañados  das nosas familias!!! Que ben o pasamos...Gracias a todos pola vosa colaboración e participación!! Felices Festas e Bo Nadal!

xoves, 21 de decembro de 2017

Visita de Papá Noel!!

Hoxe veu a visitarnos Papá Noel...reparteunos algunha que outra chuche! Foi moi divertido aínda  que houbo a quen non lle gustou a visita!!! Menos mal que a noite  de Nadal deixa os agasallos e marcha senón....

mércores, 20 de decembro de 2017

Exploramos pedras.

Na xornada de hoxe estivemos explorando pedras, xogamos a encher e baleirar bandexas. Despois xogamos con aros en psicomotricidade.

martes, 19 de decembro de 2017

Exploración e psicomotricidade.

Na xornada de hoxe estivemos explorando botes: tapar-destapar, apilar, encaixar...e tamén tivemos psicomotricidade. Xogamos a pasar por debaixo dun túnel; pero poucos se animaron a pasar por debaixo...

luns, 18 de decembro de 2017

Exploramos papeis brillantes.

Hoxe exploramos papeis brillantes, as cores, os ruídos que fan ó apretalos, rompémolos e despois pegamos anacos na coroa do Rei Melchor. Pasámolo xenial!

venres, 15 de decembro de 2017

Aniversario de Andrea

Hoxe a nosa Andrea cumpleu dous aniños!! Parabéns pequerrecha!!

Bonecos de neve

Alguén sabe quen son estes bonequiños de neve?😋😋😋

xoves, 14 de decembro de 2017

Arriba- abaixo

En psicomotricidade hoxe practicamos arriba e abaixo. Pasámolo moi ben!!

Aniversario de Emma!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Emma!
Parabéns preciosa, xa tes un aniño!!!

mércores, 13 de decembro de 2017

Mural de Nadal

Pintamos papel de estraza de cor branco ( como se fose neve), decoramos árbores con purpurina e despois pegámolos na paisaxe nevada...Mirade que bonito nos quedou!!!

martes, 12 de decembro de 2017

Exploración con papeis e confeti.

Nestes días estivemos explorando con papeis de distintas cores e texturas (rompelo, arrugalo...) e tamén con confeti.